luns, 13 de xaneiro de 2020

Reggae

reggae é un estilo de música orixinario da XamaicaBob Marley, cantante, compositor e icona deste estilo musical. En sentido mais amplo, Reggae pode referirse a outros ritmos como skarocksteadydubdancehall e ragga.

A edición de 1967 do Dictionary of Jamaican Englishincluía "reggae" como "unha expresión recentemente establecida para rege", equivalente a rege-rege, unha palabra que podía significar tanto "trapos, roupa farrpenta" como "unha pelexa ou riña".[1] O vocábulo reggae cun sentido musical apareceu tanto en Desmond Dekker como no hit rocksteady de 1968 "Do the Reggay" de The Maytals, pero xa se empregaba en Kingston, Xamaica, para denominar unha forma máis lenta de bailar e tocar rocksteady.[2]



Ligazón

https://gl.m.wikipedia.org/wiki/Reggae

Opinión persoal
Na miña opinión o reggae é un tipo de música que non me gusta moito debido ao seu ritmo tranquilo e sen explosividade , a min gústame máis a música con un toque máis apresurado por así dicilo, tamén   teño que dicir que este tipo de música expresa mensaxes moi enriquecedoras e despreocupadas que as veces son de moita axuda para cando eu estou estresado. O meu cantante favorito deste xénero é Bob Marley

Ningún comentario:

Publicar un comentario