mércores, 22 de xaneiro de 2020

Lusofonía

Enténdese por lusofonía o intersistema cultural que agrupa as comunidades que comparten como norma sistémica a lingua portuguesa, así como aquelas que se identifican como pertencentes (ou que aspiran a pertencer) a ese conxunto.[1] Así, na lusofonía converxen territorios e comunidades unidos por lazos históricos e por canles de identidade que teñen un vínculo forte e común, a lingua portuguesa,[2] coas súas diversas posibilidades de realización e de actualización.
A lusofonía é unha entidade en expansión que ocupa importantes espazos arredor do mundo e que engloba máis de douscentos cincuenta millóns de falantes de portugués distribuídos polos cinco continentes[4], agrupados en Estados-Nación, nacións sen Estado, numerosas diásporas, colectivos educativos, políticos, científicos, empresariais e individuos particulares.[5]
Estes espazos lusófonos están ligados polo feito de compartiren a lingua portuguesa, e están articulados en organizacións que buscan potenciar a relación e a comunicación entre os territorios e comunidades que forman parte deste intersistema en que as inter-relacións se dividen en diferentes subconxuntos: por unha parte, a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP), por outro, as relacións bilaterais entre PortugalBrasil e os PALOP, e, por último, as relacións entre os diferentes colectivos e comunidades en cuestión 
Ligazón 
Opinión persoal 
Antes de empezar a falar sobre a miña opinión persoal sobre a lusofonía , teño que dicir , que se non dose pola matéria de galego non saberia o significado de este termo . En canto a miña opinión persoal sobre este tema non teño moito que dicir a verdade , pero o que si pode chegar a dicir é que orgulléceme que exista este termo que se usé en todo o mundo .

Ningún comentario:

Publicar un comentario