domingo, 12 de xaneiro de 2020

Cantares Gallegos

Cantares gallegos 
Resulta o único libro do que Rosalía viu unha segunda edición en vida. Está adicado á escritora Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber), "...por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país".
Foi o marido de Rosalía, Manuel Murguía quen xestionou, sen o permiso da súa muller, a saída do prelo dun poemario que fixa o comezo dunha nova xeira para a poesía galega. Ía ser prologado por Nicomedes Pastor Díaz, mais finou antes de que fose editado.
No limiar, Rosalía confesa a súa idea de desenvolve-las cantigas populares galegas emulando o Libro de los cantares de Antonio de Trueba, pois o seu quefacer poético está constituído por glosas de cantares ou ditos populares. Así pois, tódolos poemas, agás dous, son glosas de cantares, procedemento este que tamén aparecerá, inda que con pouca relevancia, en Follas novas. Algunhas glosas están escritas en metrospopulares ("Miña casiña"; "Vivir para ver"; "¡Padrón...!, ¡Padrón!"...) e outras non ("Cada cousa no seu tempo"; "Eu por vos"...).
Tódolos críticos consideran que Cantares gallegossupera os riscos da paráfrase, mantendo o encanto da copla glosada sen se converter nun texto inexpresivo
Ligazón 
Opinión persoal 
Para min Cantares Gallegos é o libro máis importante da historia da literatura galega , porque é a clave , sin dudalo , para realzar o idioma galego ao nivel que debería. En canto a Rosalía tamén me parece unha das figuras imprescindibles da literatura galega , por eso , o día das letras galegas coincide coa data  de publicación do libro Cantares Gallegos .

Ningún comentario:

Publicar un comentario