sábado, 11 de xaneiro de 2020

Arte de trobar


Arte de trobar 

No século XIII, unha" troupe" de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galego-portuguesas e co declive da lírica provenzal. Un códice oculto, a Inquisición, a herexía cátara e os segredos da alquimia uniranse ás cantigas medievais para conformar unha engaiolante trama nunha novela con grandes doses de intriga." A arte de trobar" é unha novela luminosa, escrita con felicidade e coñecemento, que non renuncia ao humor. Configurada a partir de capítulos curtos, é capaz de integrar unha trama implacable coa tradición máis notable de versos en galego e occitano. Documentada con rigor, e dotada dun ritmo moi áxil," A arte de trobar" constitúe un vibrante fresco desta nosa historia, que se escribiu en folla de pergamiño e con pluma de ave, á beira do mar.
Ligazón 

Opinión persoal 

Tiven que ler este libro obligatoriamente na primera avaliación da asignatura de galego, pero  a pesares de non o escollín eu , o libro foi do meu agrado debido ao dinamismo do final , no que a novela da un xiro argumental moi grande. Tamén teño que dicir que ao principio foi un poco díficil de ler porque entre capítulo e capítulo cambiaba moito o tema debido a que narraba as historias dos personaxes por separado.



Ningún comentario:

Publicar un comentario