venres, 10 de xaneiro de 2020

Polbo

O polbo á feira é un prato típico de Galicia e básico na súa gastronomía consistente en polbo fervido enteiro e servido con sal, aceite de oliva e pemento. O seu nome provén de que era unha comida tradicional nas feiras e romarías, nas que se serve en pratos de madeira (máis doados de transportar), aínda que agora van desaparecer por motivos de hixiene.

Era un prato moi común nunha época en que os transportes eran moi lentos e o peixe fresco só estaba dispoñíbel preto da costa, porén o polbo seco (como o bacallau ou o congro) chegaba a todas partes.

Ligazón
https://gl.m.wikipedia.org/wiki/Polbo_á_feira

Opinión persoal

Ainda que non é un prato do meu agrado considero que o polbo é un dos pratos máis importantes da gastronomía tanto galega como española, xa que é coñecido en todos os puntos de España , e a maioría dos turistas que visitan Galicia non se van sen probar este prato.


Ningún comentario:

Publicar un comentario