domingo, 26 de xaneiro de 2020

Muiñeira

A muiñeira nova é unha danza folclórica galega de ritmo rápido. A súa orixe é discutida, pero comunmente afírmase que foi nos muíños onde se moían o trigo e máis o millo onde naceu este baile; dado que as mulleres que traballaban alí tiñan que esperar algún tempo a que o millo estivese a punto, e para pasar o tempo bailaban. Para algúns estudosos é un baile de asimilación recente, non habendo testemuños escritos anteriores ó século 

Existen dous tipos de muiñeira:


  • A muiñeira nova, na que se acentúa a primeira corchea das tres que compoñen o ritmo base. Como baile, a muiñeira nova segue o esquema coreográfico tradicional no que un grupo de parellas de homes e mulleres bailan facendo coreografías baseadas en táboas ou rodas. Normalmente cando se fala simplemente a muiñeira é a este tipo a que nos referimos.
  • A muiñeira vella (tamén chamada empuñada, punteada ou ribeirana, polo particular xeito de tocarse na pandeireta) na que se acentúa a segunda corchea, producindo unha sensación rítmica diferente. A muiñeira vella pódese bailar en combinacións dun ou dous homes fronte a varias mulleres, dependendo da tradición local. Tanto o xénero da muiñeira vella como as danzas que a acompañan considéranse de orixe anterior que a muiñeira nova.

Ligazón 

https://gl.m.wikipedia.org/wiki/Muiñeira

Opinión persoal 

A miña opinión sobre a muiñeira é que un dos emblemas máis importantes de Galicia , xa que é coñecido en toda España e é un símbolo de Galicia xa que na maioria de adornos que fan alusión a Galicia está sempre presente u case sempre unha señora bailando muñeira . Eu de pequeno tiven a sorte de que os meus pais apuntaásenme a baile galego , e puide practicala .

Ningún comentario:

Publicar un comentario