luns, 20 de xaneiro de 2020

Día da ciencia na rúa

Co parque de Santa Margarita como escenario, os escolares de 38 centros educativos da cidade expoñen desde a mañá e ata as sete da tarde os seus experimentos científicos. Hai tamén postos da Universidade da Coruña, de escolas infantís e de entidades.

Todos quixeron formar parte desta iniciativa da Asociación dos Amigos da Casa das Ciencias para demostrar que a ciencia tamén é divertida e moi curiosa. Ao longo do parque pódense atopar volcáns en  erupción, a explicación do sistema solar dunha forma moi gráfica, robots que pintan, talleres de papiroflexia e a explicación de como facer  slime caseiro, esa masa elástica tan de moda entre os máis novos.
Os obxectivos desta celebración son: sacar a ciencia á rúa, popularizar o coñecemento científico,  desmitificar a ciencia e dar protagonismo aos alumnos.

A Casa das Ciencias celebrou en 1992 a súa primeira Festa da Ciencia. Con motivo do seu sétimo aniversario, organizáronse no Parque de Santa Margarita da Coruña un conxunto de actividades dirixidas principalmente aos nenos. Tratábase de convidar aos máis novos a facer ciencia e a divertirse con ela. Catro anos máis tarde, a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias puxo en marcha o denominado Día da Ciencia na Rúa ( DCC), iniciativa que desde 1996 veuse celebrando anualmente.

 Ligazón
https://www.liceolapaz.com/dia-de-la-ciencia-en-la-calle/
https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2018/05/05/experimentos-juegos-dia-ciencia-calle/1288476.html

Opinión persoal

A miña experiencia con este proxecto é moi próxima xa que acudín ao evento os dous últimos anos, aínda que tamén fun algunha vez cando era mais pequeno. Con actividades como estas gozaba aprendendo e descubrindo cousas totalmente descoñecidas para a miña, paréceme unha moi boa alternativa para que os nenos poidan aprender pasándoo ben que é cando máis aprenden; en lugar de estar en clases pouco dinámicas nas que será mais difícil que lembren o que lles ensinan xa que non participan nelas, ou non é dunha forma que poida captar a súa atención.

Ningún comentario:

Publicar un comentario