xoves, 23 de xaneiro de 2020

ONG

Unha organización non gobernamental (máis coñecida pola súa sigla ONG), é unha entidade de carácter privado, con fins e obxectivos definidos polos seus integrantes, creada independentemente dos gobernos.
Xuridicamente adopta diferentes status, como o da asociaciónfundación, e outras formas.
Ao conxunto do sector que integran as ONG denomínaselle de diferentes formas como sector voluntariosector non lucrativosector solidarioeconomía socialterceiro sectorsector social, entre outras.
As ONG teñen un ámbito de acción que vai dende o nivel local ao internacional. Cobren unha gran variedade de temas e ámbitos que definen o seu quefacer, pero sempre dentro do que podemos denominar promoción do ben xeral. Ditos temas están relacionados coa acción humanitariasaúde pública, investigación, desenvolvemento económico, desenvolvemento humano, culturadereitos humanos etcétera. Non tratan de substituír as accións dos Estados ou organismos internacionais nos seus correspondentes países senón de cubrir e axudar naquelas areas nas cales non existen políticas sociais ou económicas, ou ben cando estas políticas resultan insatisfactorias para algúns grupos da sociedade ou a sociedade no seu conxunto.
Os seus membros son voluntarios. Internamente poden ter un baixo ou alto grao de organizacióninterna. O financiamento de actividades xeralmente provén de diversas fontes: - privados: persoas particulares (con apoio regular en forma de socios ou con doazóns puntuais) ou de empresas - públicos: de calquera administración, normalmente en forma de subvencións
Unha das ONG máis antigas é a Cruz Vermella, aínda que o termo ONG data de 1945, citado no artigo 71 da Carta das Nacións Unidas:[1]
Consello Económico e Social poderá facer arranxos adecuados para celebrar consultas con organizacións non gobernamentais que se ocupen de asuntos de competencia do Consello.
Ademais de participar no sistema das Nacións Unidas, tamén o fan a nivel dos Estados que correspondan en calidade de observadores, consultores, executantes de proxectos, como unha forma de presión social cidadá etc.
O Consello Económico e Social pasou de 41 ONG recoñecidas co status de consultivas en 1946 a unhas 2.350 ONG (2003). Número moito maior se se inclúen ás que actúan só a nivel local e rexional.
A nivel local poden ser creadas para axudar aos nenos da rúaalfabetizaciónsuperación da pobreza, facilitar o acceso a vivenda e bens, realizar investigación socialeducación popular, protección e conservación do ambiente, defensa dos dereitos dos consumidores, axuda social, promoción cultural, integración social, entre moitas outras.
Ligazón 
https://gl.m.wikipedia.org/wiki/Organización_non_gobernamental
Opinión persoal 
A pesares de non pertencer a ninguna organización non gubernamental ou tamén máis coñecida polo nome de ONG , opino que son unha das mellores cousas no âmbito da sociedade , xa que pareceme increíble o feito de doar diñeiro ou o teu tempo de maneira totalmente desinteresada . Tanto o feito de crear unha como de pertencer a ela parece moi ben .

Ningún comentario:

Publicar un comentario