domingo, 19 de xaneiro de 2020

Luís Davila Malvido

Luís Davila Malvido, nado en Pontevedra en 1972 e criado en Bueu,[1] é un deseñador gráficoilustradorviñetista galego, coñecido polo seu traballo O Bichero para Faro de Vigo.[2]

Estudou na Escola de Artes e Oficios Artísticos Pablo Picasso da Coruña. Comezou a traballar en Faro de Vigo facendo infografías, portadas de suplementos, deseño de páxinas interiores e ilustracións, para pasar logo a facer unha viñeta diaria.[3]
Ten autoeditado varios volumes nos que se compilan os seus mellores debuxos cómicos.[4]
O Bichero I, 2014. ISBN 978-84-617-1501-5.
O Bichero II. Outra ronda!, 2014. ISBN 978-84-617-1504-6.
O Bichero III. Non hai dous sen tres!, 2014. ISBN 978-84-617-1505-3.
O Bichero IV. Menudo día, 2014. ISBN 978-84-608-1999-8.
O Bichero V. Living a vida loca, 2015. ISBN 978-84-606-7418-4.
O Bichero VI. Ti sacha!, 2016. ISBN 978-84-608-7545-1.
O Bichero VII. De punta a chicote, 2017. ISBN 978-84-697-7050-4.
O Bichero VIII. Pasa pa corte!, 2018. ISBN 978-84-09-06374-1.
Faro de Vigo. Ilustrando as historias do noso día a día. O Bichero 20 anos, 2018.
Canda o actor Carlos Blanco Vila, fixo os espectáculos Menú do día e Menú da casa 
Ligazón 
Opinión persoal 
A verdade é que eu son un verdadero fan dos cómics, especialmente dos superhéroes, pero a verdade é que rara vez leo un cómic en galego debido a sua extrema escaseza, se tivese a oportunidade si que leería máis en galego. O que si leo en galego son as tiras cómicas dos periódicos como as que fai este debuxante ( Luis Davila)

Ningún comentario:

Publicar un comentario