venres, 17 de xaneiro de 2020

Fútbol Galaéico

fútbol gaélico (chamado en irlandésPeil Ghaelach ou Caid)[1] é unha variante do fútbolxogado principalmente en Irlanda, sendo o deporte de máis popularidade dese país xunto co hurling.
O fútbol gaélico xógase en equipos de 15 xogadores (alternativamente 11, 9 ou 7 dependendo da competición[2], ás veces mesmo 5, raramente 8) nunha cancha de céspede rectangular con porterías en forma de H a ambos lados. O obxectivo principal é anotar puntos pateando ou golpeando o balóncoas mans e introducilo na portería rival. O equipo con máis puntos ao final do encontro gaña. Os xogadores avanzan polo campo levando o balón nas súas mans, pateándoo e pasándoo entre compañeiros de equipo.
O fútbol gaélico ou balón pesado é un dos catro Xogos Gaélicos regulados pola Asociación Atlética Gaélica, a maior e máis popular organización deste tipo en Irlanda. Posúe regras estritas sobre a non profesionalización dos xogadores. A Asociación organiza cada ano as competicións entre clubs e entre condados, das cales as máis importantes son:
  • National Football League, que se disputa entre condados cada ano entre febreiro e abril desde 1926.
  • Os Campionatos Provinciais, que se disputan en formato de eliminatoria directa a partido único desde maio a xullo entre condados.
  • All-Ireland Senior Football Championship, que comeza cos Campionatos Provinciais e remata en setembro. Este é o torneo máis prestixioso e antigo (1887) deste deporte, e dispútase entre condados.
Crese que o xogo provén do antigo fútbol irlandés coñecido como caid, que se remonta a 1537, aínda que o xogo actual tomou forma en 1887.

Ligazón 
https://gl.m.wikipedia.org/wiki/Fútbol_gaélico
Opinión persoal 
Tiven a oportunidade de ver este deporte hai uns poucos anos, no trofeo Teresa Herrera no estadio de Riazor , antes de que xogase o Deportivo da Coruña , e a verdade é que me gustou moito o deporte , sen dúbida e moi dinámico e a presenta de varios deportes en un faino moito máis entretenido. Tamén tiven a oportunidade de practícalo no meu viaxe a Irlanda co Colexio, e tamén me resultou moi divertido de xogar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario