martes, 14 de xaneiro de 2020

Muncyt

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, tamén chamado MUNCYT ou Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España, é un museo dependente da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e dirixido por Ramón Núñez Centella. A súa sede principal está na Coruña e ten outra sede en Madrid.[2]
No museo expóñense diversas pezas da historia tecnolóxica de España e Galicia entre as que están algunha relacionada coa cidade da Coruña, como a anterior lanterna da Torre de Hércules que funcionou entre 1857 e 1904. Tamén se pode ver e visitar a cabina do avión que trouxo a España o Guernica de Picassodende Nova York, unha pequena exposición da historia tecnolóxica en España, iniciativas industriais e a evolución dos medios de comunicación escritos e informáticos.



Ligazón
https://gl.m.wikipedia.org/wiki/Museo_Nacional_de_Ciencia_e_Tecnolox%C3%ADa

Opinión persoal

Elexín este museo porque hai pouco que a miña clase de cultura de cultura científica e máis eu tivemos a oportunidade de visitalo debido a unha excursión de esta materia.Nunca visitei este museo anteriormente, e a verdade é que gustoume moito . Primeiro nos derón unha visita guiada polos inventos de gran tamaño, como por exemplo un dos primeiros ordenadores, despois visitamos o avión do museo, e para rematar nos deron unha charla sobre os microplásticos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario